Inditex sae da lista Fortune de empresas españolas con máis ingresos
Publicado o 03/08/2021 15:29

O impacto económico da pandemia tamén deixa pegada noutros grandes grupos como é o caso de Inditex que sae da lista Fortune de empresas españolas con máis ingresos.
Esta lista recolle os datos do ano fiscal 2020, cando a multinacional tivo que pechar boa parte das tendas repartidas por todo o mundo. Aínda así, Inditex decidiu non recorrer á figura do ERTE e asumiu o pagamento das nóminas dos seus traballadores.
Canda Inditex tamén cae da lista a empresa Naturgy e retroceden posicións outras como o Santander, Telefónica ou Iberdrola.