CRTVG

Buscar

Inditex pechará 79 tendas en España deica abril, catro en Galicia

Publicado o 12/01/2021 09:05

Inditex pechará 79 tendas en España deica o mes de abril, catro delas en Galicia. A multinacional segue co seu plan de reordenación da superficie comercial física iniciado en 2020.

Este plan suporá o peche de ata 1.200 tendas en todo mundo, 300 en España, antes de 2022. Os comercios afectados están situados en rúas tan comerciais como a Gran Vía de Madrid ou as Ramblas de Barcelona.

En Galicia pecha locais na Coruña, Lugo, Ourense e Santiago.

Noticias web

12/01/2021