Inditex pecha as súas tendas nos aeroportos de Madrid e Barcelona
Publicado o 30/07/2020 15:25
A crise da Covid-19 acelera cambios no imperio de Inditex. O xigante téxtil vai pechar as tendas que ten nos aeroportos de Madrid e Barcelona.
A forte caída de pasaxeiros por mor da pandemia acelerou unha decisión que, segundo explican dende a compañía, se enmarca dentro da súa aposta por reforzar o negocio on line.
Non haberá despedimentos senón reorganización do persoal.