CRTVG

Buscar

Inditex medra un 9% en vendas en 2017 pero frea o ritmo de crecemento

Publicado o 14/03/2018 08:24

Inditex frea o ritmo de crecemento. As vendas medraron. Fixérono case o nove por cento en 2017, pero menos ca en anos anteriores, cando a téxtil galega acadara o 11 e o 15 por cento. Onde o emporio de Amancio Ortega acada un bo dato é nas vendas por Internet. Creceron máis do corenta por cento e supoñen xa o dez por cento da facturación total. É a primeira vez que se desvelan as cifras do negocio online.Se falamos de beneficios, Inditex gañou case 3.400 millóns de euros: case o sete por cento máis.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2018