CRTVG

Buscar

Inditex indemnizará por despedimento improcedente os traballadores que non acepten o traslado polo peche de tendas

Publicado o 23/10/2020 12:34

A dirección da empresa e os sindicatos CCOO e UXT chegaban a un acordo nas últimas horas para o mantemento do emprego dentro do proceso de transformación di¡xital que levando a cabo a multinacional e que prevé o peche de entre 1.000 e 1.200 tendas entre este ano e o 2021. Aos empregados ofreceráselles un posto no centro máis próximo, sexa tenda ou centro loxístico. Ademais terase en conta o persoal para cubrir con promoción interna calquera vacante.

Se algún dos afectados non acepta o traslado terá dereito a unha indemnización de 33 días cun máximo de dous anos. O acordo asinarase a próxima semana.

Noticias web

23/10/2020