CRTVG

Buscar

Inditex gaña o 10 % máis no primeiro semestre, cunha suba nas vendas do 6,6 %

Publicado o 11/09/2019 15:47

Inditex segue a acadar marcas históricas tanto en vendas, como en beneficios e posición de caixa.
Segundo as contas que publicou este mércores o grupo, o primeiro semestre fiscal, de febreiro a xullo, gañou 1.549 millóns de euros, un 10% máis ca un ano antes.

As vendas medraron preto do 7% e sumaron 12.820 millóns. As vendas comparables, as de tendas que levan operativas máis dun ano, subiron o 5% e foron positivas en todas as marcas e en todos os territorios, tanto nos comercios físicos coma en liña.

Para o conxunto do ano, Inditex prevé un crecemento de entre o 4 e o 6% nas súas vendas comparables, que representan case o 90% da súa facturación total, catro puntos máis ca no primeiro semestre do exercicio pasado.

O grupo tamén fixo un adianto do terceiro trimestre e salienta a boa acollida da colección de outono-inverno. As vendas en tenda física e en liña creceron un 8% desde o 1 de agosto ata o 8 deste mes.


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí