Inditex dispara o seu valor en bolsa e xa é unha das 100 maiores empresas do mundo
Publicado o 02/01/2020 14:47
Inditex inicia o ano entre as 100 maiores empresas a escala mundial. O xigante téxtil presidido por Amancio Ortega escala 23 postos na lista de compañías máis valiosas ao superar os 98 mil millóns de euros de capitalización tras unha suba do 45 por cento no último exercicio.
As subas en bolsa de Inditex acentuáronse trala presentación dos resultados correspondentes ao terceiro trimestre de 2019, o que levou os analistas a elevar o seu prezo obxectivo.