CRTVG

Buscar

Indignación pola caída de árbores en Vigo

Publicado o 05/06/2020 13:15

Cunha mestura de indignación, susto, enfado e incredulidade, os veciños da ronda Don Bosco gravaban estas imaxes poucos minutos despois da caída de dúas das catro árbores que, dende hai anos, forman parte da paisaxe do barrio. Moitos pensan que detrás deste lamentable suceso está a torpeza coa que se están a acometer as obras de humanizacion nesta parte da cidade.

Esixen maior control municipal sobre as obras e piden a reposicion das árbores por especies similares porque non queren quedar sen zonas verdes.

Dende o Concello aseguran que a caída das árbores foi accidental, e afortunadamente non deixou danos persoais. Din que o proxecto contempla a protección das especies e non pretende acabar coa zona verde. Algo que non acaban de crer os veciños, que continúan vixiantes.

Noticias web

05/06/2020