Indignación no rugby compostelán pola decisión da USC de prescindir deste deporte
Publicado o 30/07/2019 16:33
Sete meses despois da inauguración dun novo campo para a práctica de rugby en Compostela, a noticia caeu como un xerro de auga fría.
A USC explica que decidiu eliminar o rugby da súa oferta formativa pola escaseza de alumnos dos últimos anos.
O argumento non convence ao Santiago Rugby Club, que presenta unha listaxe de máis de 30 universitarios interesados en inscribirse na escola co novo campo.
A Universidade fala dunha decisión tomada, pero asegura que vai recibir o club para buscar alternativas para fomentar o rugby entre o alumnado.