CRTVG

Buscar

Indignación no Lugo polo horario do partido do San Froilán

Publicado o 23/09/2019 19:25

Hai moita indignación en Lugo polo horario en que A Liga estableceu o partido entre o Club Deportivo Lugo e As Palmas do vindeiro 5 de outubro. A data coincide co San Froilán e o partido é ás catro da tarde.

Por iso a Federación de Peñas sacou este comunicado oficial no que amosa o seu malostar pola "nula sensibilidade" que demostrou A Liga. Salientan "unha falta de empatía e de respecto absoluta cara aos afeccionados". O San Froilán, argumentan, son unhas festas familiares e un sábado ás catro da tarde é unha hora impropia. Non por seren modestos, din, van permitir atropelos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019