CRTVG

Buscar

Indignación nas Pontes polo anuncio de Endesa do peche da central térmica

Publicado o 20/01/2021 14:59

Endesa confirma que pechan definitivamente a central térmica das Pontes porque non funcionaron os intentos de producir de electricidade con lodo e biomasa.

Din que contamina demasiado, dana as instalacións e o custo sería moi alto. Teñen en fronte os traballadores. Non se sorprenden da decisión, pero lamentan as formas, igual que o alcalde das Pontes. Na vila denuncian que o peche afectara a todo: comercio, hostalería, actividades culturais.

A secretaria de industria da Xunta reuniuse esta mañá cos traballadores. Din que lles trasmitiron unha mensaxe de tranquilidade. O Goberno galego agarda que Endesa rectifique. Cren que actúa mirando só a conta de resultados a curto prazo.

O martes que vén hai xuntanza do grupo técnico en que están todas as administracións para analizar a situación.

Noticias web

20/01/2021

Máis sobre As Pontes de García Rodríguez