A tiros tras o xabaril polo medio da aldea
Indignación na Arnoia despois de que un cazador andara a tiros por entre as casas detrás dun xabaril. Din que puido acontecer unha desgraza, porque moita xente andaba nese intre paseando pola aldea. Unha veciña gravou un vídeo que se fixo viral e chegou a asociacións ecoloxistas que esixen unha investigación.
Indignación da aldea do Rial, na Arnoia. Unha batida de xabarín chegou onte ao mesmo pé das súas casas.
A lei de caza prohibe o uso de armas en espazos habitados. Dende o concello de Arnoia xa denunciaron os feitos a Medio Ambiente. En Galicia o ano pasado faleceron 7 persoas por disparos accidentais de armas de caza, máis de 50 en España.
O vídeo gravado pola veciña fíxose viral e chegou a asociacións defensoras dos animais que esixen unha investigación e que lle retiren a licenza ao cazador.