Indignación en Narón por un vídeo dunha festa en que rompen as normas anticovid
Publicado o 10/01/2021 20:25
Multas esta fin de semana na comarca de Ferrol por incumprimento das restricións. Seis persoas foron sancionadas este sábado tras participaren nunha festa ilegal nunha vivenda.
Hai tamén indignación entre os veciños por este vídeo, supostamente gravado nun establecemento de ocio do concello de Narón. Nel pódense ver varios mozos bailando e bebendo no interior do local, sen facer uso da máscara e sen gardar a distancia de seguridade.
Neste municipio, a Policía Local, interpuxo onte 17 denuncias por crebar o peche perimetral, incumprir o toque de recollida ou non facer uso da máscara.