CRTVG

Buscar

A India emprende a maior campaña de vacinación do mundo contra a covid-19

Publicado o 17/01/2021 09:44

A xa denominada "a maior campaña de vacinación do mundo" contra o coronavirus comeza na India nuns tres mil puntos de todo o país e coa previsión de administrárllela a máis de 300.000 sanitarios só na primeira xornada.

O programa que se realiza en todos os estados e territorios lanzouse coa vacinación dun traballador da saúde dun hospital público. Nesta fase vacinaranse 10 millóns de sanitarios, seguidos de 20 millóns de traballadores da primeira liña da loita contra a pandemia, para inmunizar despois uns 270 millóns de persoas maiores de 50 anos ou con enfermidades graves.  O programa do Ministerio de Saúde da India describe os pasos para vacinar 300 millóns de persoas na primeira etapa ata agosto.
 

A India administra doses da fórmula elaborada pola Universidade británica de Oxford e o laboratorio Astra Záneca e outra, Covaxin, a vacina indíxena do laboratorio indio Bharat Biotech e o consello indio de investigación médica. O Goberno indio mercou 17 millóns de doses ata o de agora.

En pouco tempo na India lograron ter listas dúas vacinas. Se ben experimentan unha profunda diminución de casos diarios reportados, por baixo dos 20.000 na última semana, fronte ás case 100.000 infeccións diarias en setembro, o país segue a selo segundo mñáis afectado, con 10,5 millóns de contaxios e máis de 150.000 mortes.
 


 

Noticias web

17/01/2021