CRTVG

Buscar

Indentifican un conductor acusado de realizar manobras temerarias no aparcadoiro do HULA

Publicado o 16/07/2021 13:07

Acusado dun delito de condución temeraria un mozo que realizou varias buxainas e derrapaxes no aparcadoiro de terra fronte ao hospital de Lugo mentres o seu pai o gravaba en vídeo. A acción, xa de por si perigosa, puxo en risco a integridade física das persoas que utilizaban o aparcadoiro. Moi concorrido, ademais, ás nove da mañá, a hora en que tivo lugar o suceso.

A Policía Local acudiu ao lugar ao recibir varias chamadas de aviso. Non localizou o condutor, pero si o vehículo, abandonado nunha pista, que foi retirado polo guindastre. Ás poucas horas, o mozo, de 24 anos, presentouse en dependencias policiais en compañía do seu pai reclamando o vehículo. Nese momento foi identificado e abríronse dilixencias sancionadoras. Enfróntase a unha pena de ata dous anos de prisión e retirada do carné ata seis anos.

 

Noticias web

16/07/2021