CRTVG

Buscar

Incrible o autogol do ex-sevillista Kondogbia no Inter-Chelsea

Publicado o 01/07/2017 21:00

E vexan o incrible autogol que se meteu Kondogbia no Inter-Chelsea, pertencente tamén á International Champions Cup. Non se sabe moi ben o que lle pasou pola cabeza ao ex-sevillista, que golpeou dende 40 metros e marcou por toda a escuadra. Calquera futbolista asinaría ese gol, sempre que fose, claro, na portería contraria. Non impediu a vitoria por dous a un do Inter, pero será unha das imaxes da pretemporada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/07/2017