CRTVG

Buscar

Increméntase a vixiancia na estación de tren na Coruña por mor da prostitución

Publicado o 18/04/2019 14:40

Usuarios e persoas que frecuentan a estación de tren da Coruña din ter visto todo tipo de anuncios nas portas dos baños. "Pintadas que ves que xa che din que hai algo... Se queres pasar un bo rato ou cousas así..."

Hai uns días, a Policía Nacional prendeu un home de 52 anos que foi sorprendido in fraganti polo Servizo de Seguridade mantnedo relacións sexuais cun menor de 15 anos nestes aseos. Tralos feitos, aumentou a preocupación. "Eso non se pode permitir"

Agora, o problema é tal que a raíz do sucedido, Adif incrementou o servizo de seguridade na estación. "Debería haber máis vixilancia porque isto é unha locura"

Porén este tipo de actitudes non se dan só aquí. Ao parecer, nos baños da estación de autobues tamén colleran na allada dous adultos.

Noticias web

18/04/2019