CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Increméntase a obesidade nos menores de cinco anos

Publicado o 25/01/2016 21:32




Hoxe coñecimos un informe preocupante da Organización Mundial da Saúde. Polo menos, 41 millóns de nenos e nenas menores de cinco anos son obesos no mundo. O sedentarismo e a alimentación inadecuada son as causas principais.

Dende 1990 ao 2014, o exceso de peso nos menores de 5 anos incrementouse en case punto e medio. Iso supón dez millóns de obesos en 26 anos. A pésima nutrición e o sedentarismo provoca esta situación que xa se descoida no mesmo embarazo.

Examinade estas cantidades. E o azucre que teñen produtos cotiáns. Na maioría dos casos, as porcións de glicosa son desmesuradas. Por iso os rapaces deben tomar os alimentos o máis naturais posibles ademais, por suposto, de froitas. E, ante todo, promover habitos saudables dende o fogar.

A OMS insta a educar sobre a alimentación a menores, proxenitores, docentes e a todas as persoas con responsabilidades públicas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

25/01/2016