CRTVG

Buscar

Increméntase a demanda de elaboracións artesanais de turrón, mazapáns e polvoróns

Publicado o 07/12/2017 14:14

Cada ano aumenta máis a demanda de turróns, mazapáns e polvoróns artesáns, feitos á man. Moitos obradoiros están traballando xa, innovando en sabores e texturas pero sen abandonar o tradicional.

Neste obradoiro da estrada hai unha semana que comezaron a elaborar os produtos típicos do Nadal. Elaboracións completamente artesanais coas que pretenden cada ano sorprender a súa clientela.

Malia que algúns se repiten, todo os anos ofrecen novos sabores e texturas que xunto aos de chocolate son os máis demandados.

Un traballo con moita dedicación que ten como recompensa o recoñecemento que cada ano lle fan os seus clientes e o feito de que os seu turróns cheguen a degustarse mesmo en Madrid.

Despois dunha semana de traballo, hoxe chega o momento de  decoralos. Elementos natalicios de chocolate, todos eles tamén artesanais que colocados con moito agarimo fan que estes turróns sexan  verdadeiras pezas de museo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017