CRTVG

Buscar

Increméntase a demanda de aloxamentos con estancias individuais para pasar o verán

Publicado o 19/06/2020 14:42

A nova normalidade e o temor a un rebrote da COVID-19 vai afectar o xeito de enfrontarse ao verán. So o 27 por cento dos españois sairá de vacacións e boa parte deles elixirá o novo modelo de turismo galego para gozalas.

Estancias independentes, na natureza e sen aglomeracións... Un novo xeito de entender o turismo no que, ademais do luxo, a tranquilidade e a seguridade ofertan diversas actividades para que os visitantes poidan coñecer e gozar da paisaxe, da gastronomía ou da cultura galega.

O interese por parte deste tipo de establecemento é tal que, malia que Glass Cube non abrirá as súas portas ata xullo, están desbordados coas reservas. Xente que aposta por este novo modelo de turismo con moitos atractivos e onde o risco de contaxio é practicamete nulo.

 

Noticias web

19/06/2020