CRTVG

Buscar

Incorpóranse 35 tractores ao dispositivo de prevención de incendios

Publicado o 05/08/2021 15:30

Durante catro meses rozarán máis de cinco mil hectáreas de monte e terreo cortalumes, para apoiar nas tarefas preventivas contra os incendios forestais Estes trinta e cinco tractores hai que sumalos ós 90 que a administración autonómica xa ten a disposicion das entidades locais. Neste caso, dezasete están cedidos a concellos e os restantes 18 traballan nos distritos forestais repartidos por Galicia.
Malia que o tempo solleiro non dá chegado a Galicia, as tarefas de limpeza non paran nestes meses.

"Incendios, é difícil impedir que os haxa, pero temos que traballar ente todos para que cando haxa un incendio as consecuencias sexan as menores posibles. Non queda máis remedio que facer prevención, deixémonos de lerias: todo o ano se pode facer prevención, se hai situacións meteorolóxica coma a de hoxe podemos estar traballando perfectamente cos tractores, desbrozando e facendo toda esa prevención, anticipándonos ó problema dos lumes", explicou o conselleiro de Medio Rurual, José González. 

A Administración galega contempla investir case 30 millóns de euros para actuacions de prevención en máis de 58 MIL hectáreas de territorio e nuns 5.000 quilómetros de pistas en Galicia.

Noticias web

05/08/2021