CRTVG

Buscar

Incidente diplomático con Bolivia, que acusa a España a inxerencia

Publicado o 28/12/2019 13:25

A encargada de Negocios e o cónsul de España en Bolivia foron á embaixada de México na Paz e á hora de marcharen a policía boliviana impediu o paso dos vehículos oficiais que os ían recoller.
Bolivia di que as súas forzas de seguridade interceptaron os coches porque dentro ía persoal encarapuchado e fala de atropelo á súa soberanía.

España anunciou a apertura dunha investigación para aclarar o ocorrido.
México mantén que a visita dos diplomáticos españois era unha visita de cortesía e denuncia asedio das súas sedes diplomáticas na Paz por parte do goberno interino de Bolivia.
As relacións entre Bolivia e México son tensas desde que o país norteamericano acolleu a Evo Morales, antes de que este marchara á Arxentina, e dera ademais refuxio na embaixada a altos funcionarios do gobeno do ex-presidente boliviano.

Noticias web

28/12/2019