Inician un peche no Concello de Ferrol para pedir carga de traballo para Navantia
Publicado o 29/04/2021 16:20
Os traballadores de Navantia intensifican as protestas para pedir carga de traballo urxente, cando só faltan vinte días para que rematen o buque para a armada australiana.
Traballadores da factoría e da industria auxiliar levaron as mobilizacións ao Concello de Ferrol, onde un grupo de delegados sindicais iniciaron un peche. Piden a mediación do delegado do Goberno para que Defensa autorice a transformación do buque Galicia.