CRTVG

Buscar

Incertezas e medidas nas horas previas á apertura das escolas infantís

Publicado o 31/08/2020 15:02

Xa está todo preparado para que entren no cole os máis pequenos, que se irán adaptando aos poucos ao comezo da vida escolar. Pero tamén terán que adaptarse, tanto eles coma os pais, ás medidas que marcarán o curso. 

Tratándose de menores de tres anos, manter a distancia de seguridade é practicamente imposible, por iso hai que poñer máis coidado aínda na hixiene. Os pequechos entrarán gradualmente, sen mesturar grupos pechados, e traerán unha roupa que usarán unicamente na escola infantil. Ademais da desinfección de mans, haberá que desinfectar xoguetes.

Hai moitas medidas, pero tamén moita responsabilidade para os profesores e para os pais.

Noticias web

31/08/2020