Incerteza sobre a volta á actividade das granxas escola
Publicado o 01/06/2020 16:16
Son moitas as familias que se preguntan se este verán poderán mandar os nenos de campamento. Hoxe achegámonos ata unha granxa escola, onde tamén están á expectativa sobre a súa volta á actividade.
Por esta granxa escola da comarca de Deza pasaban cada ano máis de 10.000 nenos. O verán é a época de maior actividade, con campamentos de 13 días que comezarían a finais deste mes e que de momento están no aire.