CRTVG

Buscar

Incerteza nos albergues da Vía da Prata, que están pendentes da reapertura do Camiño en xullo

Publicado o 18/06/2020 16:57

Os albergues da Vía da Prata ao seu paso por Ourense miran con incertenza a súa próxima apertura tras tres meses de peche por mor da pandemia.

Á espera de coñecer o protocolo coas medidas de seguridade están tamén no albergue de Cea, pero saben que terán que reducir a ocupación.

Coas rúas baleiras, a presenza de peregrinos é un motor económico nesta zona e en Cea agardan que poidan volver a partir de xullo.

Moitos albergues dan a temporada por perdida, pero confían nos peregrinos de proximidade. A Vía da Prata é a principal ruta do camiño de Santiago que atravesa 33 municipios da provincia de Ourense.

Noticias web

18/06/2020