CRTVG

Buscar

Incerteza na hostalería e no pequeno comercio ante o plan de desescalada do Goberno

Publicado o 29/04/2020 20:28

Necesitan abrir os seus negocios canto antes, e por iso reciben con esperanza o anuncio de desescalada do Goberno que lles permitirá volver atender os seus clientes a partir do 11 de maio.

Esperanza, pero tamén moita incerteza de como levar á practica as condicións de estrita seguridade que esixe o plan. Porque, de momento, din, teñen máis dúbidas que certezas.

Reclaman unhas directrices claras que lles permita adaptar os seus negocios a unha realidade completamente nova.

A atención personalizada, din, é a fortaleza dun pequeno comercio que se enfronta agora ao reto de seguir atendendo os clientes ao tempo que garanten a súa seguridade.

 Agricultores e gandeiros agardan poder dar saída a produtos como carne, leite e derivados ou viño

Interrupción dos saneamentos animais, redución de visitas veterinarias ou comerciais e peche dos mercados de gando foron das poucas restricións impostas a gandeiros e labregos, que seguiron a traballar case con total normalidade. Os trastornos viñeron polo peche da restauración e a hostalería, especialmente naquelas explotacións que realizan venda directa, como esta de Taboada, que tivo que parar a produción de xeados que empezaba a rendibilizar.

"Co peche da restauración apenas temos vendas. Estamos a buscar canles alternativas, pero son só remendos."

Os sindicatos agrarios piden reprogramar os fondos europeos. No sector leiteiro para evitar que siga entrando leite de outros países por baixo dos custos de produción.

"A entrada de leite por baixo dos prezos de custo procedente doutros países pode acabar a curto prazo co sector leiteiro español."

A primeira fase de desescalada prevé reducir as restricións para ir traballar hortas non profesionais e viñedos dedicados ao autoconsumo.

Noticias web

29/04/2020