Incerteza na apertura dos albergues da Vía da Prata
Publicado o 19/06/2020 14:24
Os albergues da Vía da Prata ao seu paso por Ourense miran con incertenza a súa próxima apertura tras tres meses de peche por mor da pandemia.
Á espera de coñecer o protocolo coas medidas de seguridade están tamén no albergue de Cea, pero saben que terán que reducir a ocupación.
Coas rúas baleiras, a presenza de peregrinos é un motor económico nesta zona e en Cea agardan que poidan volver a partir de xullo.
Moitos albergues dan a temporada por perdida pero confían nos peregrinos de proximidade. A Vía da Prata é a principal ruta do Camiño de Santiago, que atravesa 33 municipios da provincia de Ourense.