CRTVG

Buscar

Incerceptado en Cangas un condutor que deu positivo en todas as drogas detectables

Publicado o 09/08/2019 18:24

Sucedeu nun control preventivo que a Policía Local de Cangas realizaba na zona de movida nocturna na fin de semana. Interceptaron un condutor que parecía estar baixo os efectos das droga e inmobilizaron o seu vehículo. Era un veciño de Vigo que, no test de saliva que lle practicaron, deu positivo na totalidade das substancias estupefacientes que se poden detectar.

Este é un caso pouco habitual pero a Policía Local asegura que están a detectar un aumento do policonsumo de drogas. Advirten da perigosidade desta práctica que, no caso do condutor interceptado, suporá a retirada de puntos do carné, unha sanción administrativa e a responsabilidade penal que se derive como autor dun delito contra a seguridade viaria.

No mesmo control, a Policía Local de Cangas interceptou un segundo condutor que deu positivo en cánnabis e cocaína.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019