CRTVG

Buscar

Incendio sen feridos nunha casa deshabitada en Vigo

Publicado o 23/06/2020 13:45

A Policía Nacional investiga o incendio que se declarou nunha vivenda na cidade de Vigo. Os bombeiros do parque de Balaídos acudiron de madrugada á rúa Emilia Pardo Bazán despois de que os veciños alertaran da presenza de lapas na casa, que nese intre estaba baleira.

Durante unhas dúas horas de traballo no punto, os axentes controlaron o lume, que estaba repartido en varios focos, para que non afectase a toda a estrutura nin se estendese ás parcelas lindeiras, polo que non se produciron danos persoais. Con todo, arderon varias estancias no soto e no primeiro andar.

Noticias web

23/06/2020