CRTVG

Buscar

Incendio, sen danos persoais, nunha vivenda 'okupa' propiedade de Fomento

Publicado o 29/09/2019 15:01

Unha vivenda abandonada na parroquia viguesa de Santo André de Comesaña ardeu esta mañá nas proximidades da estrada de circunvalación de Vigo, VG20. A vivenda, chamada popularmente casa da Pantina, foi expropiada polo Ministerio de Fomento para facer a Rolda de Vigo, pero acabou sendo acubillo de okupas ou drogodepedentes.

Os veciños demándanlle ao concello que medie co Ministerio de Fomento para que se derrúa a edificación, que é un foco de insalubridade e que lles xera moitos problemas tanto de día como de noite. Despois do incendio atoparon algúns obxectos roubados pertencentes a algúns deles como unha carretilla.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/09/2019