Incendio nunha nave industrial no polígono de Vilar do Colo
Publicado o 15/02/2021 10:00
Incendio nunha nave industrial no polígono de Vilar do Colo, en Cabanas.
O lume iniciábase sobre as sete da mañá e foron os empregados os que alertaron o 112.
O incendio está controlado, pero van tardar varias horas en extinguilo dado o material inflamable que hai no seu interior.
Non hai danos persoais pero os materiais son moi cuantiosos.
A nave dedícase a reciclaxe de tóners. Hai oito unidades de bombeiros traballando na zona.