CRTVG

Buscar

Incendio nunha nave do polígono de Sequeiros, en Barro

Publicado o 27/09/2019 19:38

 

Varios particulares deron a voz de alerta de incendio na zona industrial de Sequeiros, en Barro, pouco antes das seis da tarde, segundo informa o 112.

Ata alí desprazáronse dotacións dos parques de bombeiros de Pontevedra e do Salnés para traballar na extinción das lapas. Tamén se desprazaron efectivos da Garda Civil e de Protección Civil de Barro.

O incendio orixinouse nunha nave industrial que se dedica ao tratamento de colchóns, polo que provocou unha gran columna de fume negro que se vía desde diferenes puntos das comarcas de Pontevedra e Umia. Posteriormente o lume propagouse a outra construcción contigua a fábrica de colchóns na que está ubicado un aserradoiro.

Polo momento non se rexistraron feridos.