CRTVG

Buscar

Incendio nunha escola de Salceda, que se investiga como intencionado

Publicado o 16/04/2019 14:41

Foi a alarma da escola a que puxo en alerta a Policía Local de Salceda pasadas as once da noite. Ao chegar, os axentes encontraron unha intensa fumareda na zona traseira. Avisaron o 112. Canda os veciños do inmoble que hai a carón, reaccionaron de inmediato.

"Cheiraba moito a fume e estaba un municipal aquí. A miña filla e o meu xenro correron e comprobaron que estaba ardendo detrás. Collemos as mangueiras dos invernadoiros e apagamos o lume", conta o veciño que axudou a apagar o lume.

Así lograron frear o lume, que se concentrou nunha das aulas ata a achegada dos bombeiros. Explican que "o que ardía era material plástico, unha balda dunha estante e unha fiestra. Os danos principalmente foron polo fume que inundou o corerdor e a aula".

A Garda Civil investiga o suceso e non se descarta que fose intencionado. Segundo os primeiros indicios, a alarma soou porque alguén accedeu ao interior da escola, pechada por vacacións dos nenos desde o venres pasado.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2019