Incendio nun dos postos do rianxo na praza de abastos de Ourense
Publicado o 16/09/2019 12:24
Incendio nun dos postos do rianxo na praza de abastos de Ourense. Comezou a arder pola noite e provocou umha intensa fumareda e a alarma entre os veciños. Ata o lugar desprazáronse a policía local e os bombeiros, que sufocaron rapidamente as lapas despois de acordoar a zona.
O lume orixinouse nun dos locais, actualmente sen actividade comercial porque o espazo está pendente dunha rehabilitación integral. Os bombeiros conseguiron controlar o incendio e evitaron que as lapas se propagasen a outros postos.
O local quedou completamente estragado. Ao parecer, comezaron a empregalo pola noite persoas sen teito. De feito, unha lea entre eles barállase como posible causa. A policía investiga o acontecido.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Máis sobre ourense
12/12/2019 23:15