CRTVG

Buscar

Incendio nun concesionario de coches de luxo en Vigo

Publicado o 25/02/2021 13:03
Incendio nun concesionario de coches de luxo en Vigo

Susto nun concesionario de coches de luxo de Vigo. Afectou coches de gran valor, pero o importante é que ningún dos traballadores quedou ferido.

O incendio afectou a catro coches de alta gama. Ao parecer orixinouse nun destes vehículos que estaba na zona de taller. Un dos empregados ecoitou unha explosión e decatouse de que se iniciara o incendio.

Os traballadores do concesionario tentaron extinguilo pero foi necesario alertar osservizos de emerxencia. O lume propagouse a outros tres coches e provocou un fume intenso.

Os bombeiros de Vigo conseguiron sufucar o incendio con relativa rapidez. Non había aceite disolto e os cochesestaban en compartimentos estancos o que facilitou as tarefas deextinción.

Calcúlase que as perdas poden superar os 800.000 euros. Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais e ningún traballador quedou ferido.

Noticias web

25/02/2021