CRTVG

Buscar

Incendio nun centro comercial de Coia, en Vigo

Publicado o 02/10/2020 15:06

Os bombeiros de Vigo tiveron que sufocar a noite pasada un incendio nunha galería comecial do barrio de Coia. Foi unha veciña da zona a que alertou os servizos de emerxencia tras escoitar uns estoupidos que procedían dun dos locais.

O incendio, que provocou un intenso fume, iniciouse nun cadro de contadores, por causas que aínda se descoñecen. O suceso provocou unha grande alarma na zona, pero, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

Noticias web

02/10/2020