Incendio nun bazar chinés na cidade de Pontevedra
Publicado o 16/11/2019 14:27
Sucedeu pouco antes das doce e media da mañá neste establecemento da rúa Peregrina e arestora aínda continúan traballando alí os bombeiros de Pontevedra. Desde a rúa podía apreciarse unha intensa columna de fume gris que obrigou a acordoar a zona. Por preucaución, desaloxáronse os veciños do edificio. En principio non se rexistraron feridos.