CRTVG

Buscar

Incendio no interior dun barco que está sendo reparado en Vigo

Publicado o 20/10/2019 11:16

Minutos antes das once da noite do sábado, veciños de Beiramar detectaron o fume que saía das instalacións dos estaleiros Cardama e catro dotacións dos bombeiros de Vigo lograron atallar o lume antes de que se propagase.

Ao parecer, o incendio orixinouse na área de lavandería e secado do estaleiro e causou danos nos camarotes do barco que está nas instalacións da empresa e tamén en parte das propias instalacións e da maquinaria do estaleiro. Por sorte, non houbo que lamentar danos persoais.

Os labores de extinción remataron ás dúas e media da mañá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019