CRTVG

Buscar

A Policía Nacional investiga as causas do incendio nunha fábrica en Narón

Publicado o 19/03/2019 11:46

A Policía Nacional investiga as causas do incendio que se declarou esta fin de semana nunha fábrica no polígono das Lagoas, en Narón. Os bombeiros conseguiron extinguir as lapas en poucas horas, e só se produciron danos materiais.

Pasaba das nove da noite, cando o servizo de extinción de Incendios de Narón recibía unha chamada do 112 avisando de que existían indicios dun posible incendio nesta nave, no polígono das Lagoas, unha antiga fábrica de madeiras, agora abandonada

Xavier Piñeiro de Castro, bombeiro do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento de Narón: "Ás nove e cuarto chegamos ao punto, e dámonos de conta de que hai un incendio completamente desenrolado no interior da nave. As tarefas de extinción prolónganse dende esa hora ata ás doce e media, que é cando se da o incendio por extinguido". 

Foi necesario ese tempo para ter garantía de que o lume non volvía prender. A nave está abandonada, pero nas instalacións quedan aínda abundantes materiais, restos da actividade industrial que se desenvolvía alí.

Xavier Piñeiro de Castro, bombeiro do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento de Narón.

Ese vehículo puido ser onde se orixinaron as lapas, pero é a Policía Científica quen investiga agora as posibles causas do lume. A extinción de incendios en naves e inmobles abandonados é unha asistencia frecuente para o Servizo de Prevención e Extinción de incendios de Narón.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/03/2019