CRTVG

Buscar

Incéndiase un silo na fábrica de Ence en Pontevedra sen causar danos persoais

Publicado o 05/12/2018 22:07

Son as imaxes que nos deixa o incendio que esta mañá se rexistrou na empresa madeireira Ence en Pontevedra. A virulencia das lapas e o intenso fume que ocasionou explícase polas características do lugar onde se orixinou o lume. Unha torre de refrixeración en desuso con material altamente inflamable.

Porén, os sistemas de urxencia da biofábrica funcionaron correctamente, o que permitiu controlar a situación con rapidez. Co apoio dos bombeiros de Pontevedra, o lume quedou totalmente extinguido.

Algúns traballadores da empresa tiveron que ser desaloxados pero non houbo danos persoais, e os operarios están en perfecto estado. O fume tampouco afectou as poboacións circundantes. A empresa xa abriu unha investigación para determinar as causas exactas do incendio.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2018