CRTVG

Buscar

Os afectados polo incendio de Campolongo non saben cando poderán volver ás súas casas

Publicado o 12/02/2019 13:42

Seis das vivendas deste edificio de Pontevedra, unha por piso, quedaron moi danadas por un incendio hai quince días. Cinco familias viven desde aquela fóra do inmoble e non saben cando van poder volver.

"Estamos coa limpeza, espero poñer as ventás esta semana e a ver se podemos entrar a vivir aínda que despois se fagan a fachada, as paredes, teitos".

Só unha das familias afectadas segue no piso, a pesar de que algunhas ventás están sen cristais.

"Teño que vivir aquí porque non teño outro sitio onde quedar mentres amañan todo, como teño dous nenos non podía facer outra cousa".

Os trámites van lentos porque teñen que intervir tres aseguradoras: a do restaurante onde se cre que empezou o incendio, a da comunidade de propietarios e a de cada un dos veciños.

"Espero que amañen todo pronto, porque os nenos e eu estamos algo incómodos, vai moito frío porque non hai persianas e a casa non ten calefacción".

"Visto o visto, que todo o mundo revise as súas pólizas de seguros, que logo é un problema moi serio".

Agora agardan pola licenza municipal para amañar a fachada queimada e contan con que a obra leve un par de meses.

Noticias web

12/02/2019