CRTVG

Buscar

Un incendio calcina unha nave de porcos en Coirós

Publicado o 06/12/2019 15:38

Un curtocircuito parece ser a causa máis probable do incendio que esta mañá calcinou parte das instalacións dunha granxa de polos, no concello coruñés de Coirós.Por sorte, no momento de declararse o lume as preto de 20 mil aves que esperaban, aínda non estaban no séu interior.

Sucedeu no lugar da Espenuca. Ata alí se desprazaron a primeira hora da mañá os bombeiros de Betanzos, despois de recibir o aviso do CIAE 112 Galicia. Foi un traballador da granxa de polos o que avisou ao ver o que estaba sucedendo.

Alejandro López, empregado da Granxa: "mirei a nave.. estaba ben, escoitei moito ruido e xa estaban aquí unhas lapas grandes".

Cando chegaron os bombeiros puideron ver como o lume se extedía con rapidez ata que deixar a nave totalmente calcinada.

José Paz, cabo dos Bombeiros de Betanzos: "Viruta no chan, aillamento por riba.. en dez minutos a nave estaba con lume."

Por sorte os danos son só materiais. Non había aves no interior. Precisamente tiñan previsto recibilas hoxe ao longo do día.


Máis de doce mil litros de auga foron os que empregaron os bomberios para controlar o lume.

As primeiras investigacións apuntan a que un curtocircuto puido ser a causa do sinistro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí