CRTVG

Buscar

Extinguido o incendio en Boiro tras calcinar 60 hectáreas

Publicado o 03/04/2019 20:19

O incendio forestal declarado na madrugada deste mércores no municipio coruñés de Boiro quedou extinguido tras calcinar unhas 60 hectáreas de monte raso. 

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume que afectou a parroquia de Cures quedou extinguido tras estar controlado desde as 11 da mañá. Na súa extinción participaron un total de 12 axentes, nove brigadas, oito motobombas e dúas pas, concretou o departamento de Medio Rural.         

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/04/2019