CRTVG

Buscar

Incéndiase un remolque con material sanitario na A-52, á altura da localidade de Melón

Publicado o 14/09/2018 14:13

E xusto na saída da A-52, á altura do concello ourensán de Melón, ardeu un camión ás cinco desta madrugada. O condutor logrou desenganchar a cabeza tractora, que non resultou afectada. O que quedou completamente inservible foi o remolque no que transportaba materiais sanitarios reciclados e prensados para o lixo.

Uns labores de extinción moi laboriosos porque o material era inflamable e as lapas reavivábanse constamente. Os equipos de emerxencias tardaron máis de catro horas en sufocar as lapas. Houbo que esparexer e trasladar o material á estrada N-120, onde quedou cortado un carril. Ata o lugar do sinistro achegáronse varias dotacións de bombeiros, Garda Civil e Protección Civil. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018