CRTVG

Buscar

Incautan 240 quilos de ameixa nun operativo levado a cabo na ría de Pontevedra

Publicado o 24/01/2019 14:20

Unha lancha neumática, unha táboa de surf e unha canoa que os oito furtivos empregaron para esquilmar 240 de ameixa babosa e xaponesa nesta zona de Lourizán en Pontevedra foron incautados polo Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia en colaboración coa policía autonómica.

O Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia desenvoleu un operativo especial para atacar o constante marisqueo ilegal nesta zona e detectaron a un grupo de oito persoas que xa están identificadas e que ao seren descubertos fuxiron nadando río arriba.

Nas seguintes xornadas tamén se atoparon sete grandes ganchas ou rañas na escolleira do río Lérez. As mariscadoras de Lourizán consideran que o furtivismo está cada vez máis organizado e vai en aumento e que deberían de cointrolarse tamén as canles de comercialización destes produtos ilegais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2019