CRTVG

Buscar

Incautan 225 quilos de material pirotécnico nun local de Tui que cuadriplicaba a cantidade permitida

Publicado o 06/12/2019 14:10

O establecemento está situado no centro urbano de Tui, nunha rúa rodeado de edificios e vivendas. A noticia sorprendía a maioría dos veciños que aínda teñen moi recente a explosión da pirotecnia parroquia de Paramos.

O establecemento está autorizado para a venta e para un depósito dun máximo de cincuenta quilos. A Garda civil incautouse de 225 polo que cuadriplicaba a cantidade permitida. Ademais o material atopábase almacenado en lugares perigosos para a seguridade como a terraza do inmoble.

O propietario enfróntase a unha multa de trinta mil euros por unha posible infracción grave da Lei de Protección da Seguridade Cidadá.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2019