CRTVG

Buscar

Incáutanse de 1.200 quilos de cocaína nunha redada en Granada e Guipúscoa

Publicado o 10/11/2017 21:41

Detidas 5 persoas ao desmantelar a Policía Nacional unha banda internacional dedicada ao tráfico de drogas nunha redada simultánea desenvolvida en Granada e Guipúscoa. Tres dos arrestados teñen nacionalidade británica e os outros dous son españois. Durante a operación policial, os axentes comisaron 1.200 quilos de cocaína, un dos maiores alixos desta droga incautados en territorio español. Os detidos agochaban tamén unha plantación de marihuana nun zulo baixo terra na localidade guipuscoana de Zarautz. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2017