Comisados en Ferrol máis de cinco quilos de heroína agochados nunha furgoneta
Publicado o 30/04/2021 12:36

Comisado en Ferrol un alixo de máis de cinco quilos de heroína que estaba agochada nunha furgoneta. Nunha operación conxunta da Policía e da Garda Civil, os axentes detiveron once persoas e realizaron 13 rexistros en distintos municipios das provincias da Coruña e de Pontevedra.
Con estas detencións dáse por desartellado un grupo criminal asentado en Galicia, dedicado á introdución e distribución de heroína e cocaína.