CRTVG

Buscar

Comisados 600 quilos de ourizo de mar nun control en Ribadavia

Publicado o 03/01/2018 21:26

O servizo de Gardacostas de Galicia, en colaboración co Seprona e a Garda Civil de Tráfico, incautose este serán de cincocentos noventa quilos de ourizo de mar, nun control por estrada á altura de Ribadavia. Os funcionarios da Consellería do Mar revisaron un camión que trasladaba ourizo de mar, supostamente entre Melgaço, Portugal, e a localidade asturiana de Avilés.

Algúns ourizos ían en caixas de madeira non permitidas, sen código de barras que amosasen a súa trazabilidade, sen ter clara nin a procedencia nin o destino e sen coincidencia entre os quilos transportados e os sinalados na guía, polo que, tras a incautación, foron trasladados ao porto de Marín para a súa destrución.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2018